Publicador de contidos

Contido coa etiqueta queixas veciñais .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta queixas veciñais .

Queixas Veciñais

Os veciños de Nespereira, en Pazos de Borbén, cortan unha estrada pola súa perigosidade

14/05/2024 13:10

A EP-2702 canalizou o tráfico pesado, que xa non pode circular polo núcleo urbano de Redondela

Os veciños levan anos protestando por unha vía estreita, con moitas curvas perigosas, e polo que circulan a diario tres autobuses escolares


Os veciños denuncian o abandono da estrada de Camposancos, en Vigo

13/05/2024 13:33

Reclaman dende hai anos beirarrúas ao Concello de Vigo

Peóns e peregrinos percorren a pé todos os días o camiño entre coches a gran velocidade


Queixas por ruídos nocturnos nas obras da estación de tren de Lugo

13/05/2024 12:42

Os traballos máis ruidosos danse cara a rúa Montero Ríos

Os veciños piden que se coordinen as obras para evitar molestias


Veciños de Laraño protestan pola falta de beiravías e beirarrúas nunha estrada da parroquia

07/05/2024 13:00

A saída de vía dun microbús foi o último episodio dun problema que denuncian dende hai anos


Denuncian o estado de insalubridade dun inmoble abandonado da Coruña

06/05/2024 13:51

Aseguran que é un foco de infección

Esixen medidas urxentes para evitar as moitas molestias que sofren por mor das pombas e gaivotas


Queixas de insalubridade e pouco mantemento dun parque infantil en Santiago

01/05/2024 13:49

Familias do barrio de Vite din que ninguén mira polo seu parque

Está á porta da escola e ten moito uso, pero ao carón teñen unha colonia felina e din que se converteu no areeiro dos gatos


Os operarios valaron a cata que fixeron ao lado dun parque infantil

Veciños de Lourizán protestan polas inundacións que sofren

01/05/2024 13:41

A rúa do Santo volveu anegarse a semana pasada

Unha cata que está sinalizada convértese nun pozo perigoso cando chove


Desesperados polas continuas avarías do ascensor nun inmoble da Sardiñeira, na Coruña

30/04/2024 14:07

Moitos veciños optaron por utilizar o elevador só para meter as bolsas da compra

Desde Naturgy din que a causa principal do problema está nunha instalación particular allea á distribuidora eléctrica da compañía


Veciños do barrio vigués de Coia demandan solucións para poder aparcar na rúa en que residen

30/04/2024 13:17

Propoñen renunciar a parte das zonas verdes para poder crear aparcadoiros ou aproveitar espazos lindeiros en desuso


Piden o arranxo dunha estrada de Amoeiro chea de fochancas e coios

29/04/2024 13:42

O Concello de Amoeiro di que o arranxo definitivo desta estrada é inminente porque está incluído nos orzamentos


Un veciño da Conchada busca cobertura

Veciños de varias aldeas de Palmés, en Ourense, denuncian a falta de cobertura móbil e Internet

25/04/2024 13:50

Levan anos agardando pola fibra óptica para solucionar os problemas de comunicación que afectan o seu día a día


Alertan dunha praga de ratas na Coruña

24/04/2024 14:06

Os veciños da Travesía da Gaiteira temen que se converta nun problema de saúde pública

Urxen o Concello a que desratice a zona 


Imaxe do día 17 de abril da obra que un particular fixo no camiño do Rodel, na Pobra do Caramiñal

Veciños da Pobra do Caramiñal claman contra as obras de apropiación dun camiño público

18/04/2024 10:00

Son uns corenta prexudicados directamente que non poderían acceder aos seus terreos na Crocha de Levante

Denuncian o que consideran atropelo por parte dun veciño e quéixanse da falta de resposta á denuncia que presentaron no Concello hai seis mes


O cambio no sentido da circulación nunha vía xera polémica en Cangas

17/04/2024 13:19

Os veciños da zona lamentan o rodeo que teñen que dar para poder acceder ás súas casas


Veciños dun edificio de Noia denuncian os ladridos e fortes cheiros dos cans dunha veciña

16/04/2024 14:21

Levan tres décadas padecendo esta situación e aseguran que é "insostible"

Fixeron varios intentos de denuncia, pero todos foron infrutuosos


Fachada da casa ruinosa na rúa da Obra, en Sada, nunha imaxe deste xoves

Urxen o Concello de Sada a que actúe ante o problema de insalubridade nunha rúa

11/04/2024 14:05

Os veciños quéixanse de que a casa en ruínas nun soar abandonado na rúa da Obra son un acumulador de lixo, de maleza e de ratas 


Queixas polas fochancas da N-540 que provocan avarías e accidentes en Guntín

11/04/2024 13:19

As fochas obrigan a circular moi amodo para poder esquivalas


Os veciños do barrio vigués do Calvario denuncian os conflitos que provoca o tráfico de drogas nunha casa ocupada

10/04/2024 14:09

A policía ten que acudir diariamente por altercados na zona

Tres dos ocupantes teñen problemas coa xustiza


Veciños da Avenida de Zamora en Ourense denuncian o mal estado da vía

08/04/2024 13:36

Os residentes na zona aseguran que a causa das fochancas xa houbo accidentes e caída


Veciños de Conxo quéixanse de inseguridade viaria na praza da Mercé

08/04/2024 12:04

Coas obras de mellora desapareceron os pasos de peóns tradicionais

Din que os coches ignoran a nova sinalización e pasan a máis de 20 pola zona


En Bembibre, en Val do Dubra, levan anos denunciando cortes de luz continuados

04/04/2024 14:28

É un problema que vén de vello e que, porén, segue sen solucionarse

Nos últimos días chegaron a ter cortes de ata cinco horas que afectaron tanto a empresa como a particulares


Queixas no Corgo polos cortes de luz, que moitos achacan ás cegoñas

04/04/2024 12:34

Algúns veciños cren que as aves provocan os apagamentos ao facer os niños nos postes

Os cortes poden durar horas e condicionan a vida e os negocios do concello


Os veciños de Valadares, en Vigo, desespéranse polas fochancas

02/04/2024 14:11

Rodas picadas e coches estropeados por mor do mal estado das estradas da parroquia viguesa


Queixas polo mal estado do estacionamento público ás portas do Hospital de Lugo

01/04/2024 14:32

A federación veciñal pide que se asfalte a zona, en que contabilizaron máis de 250 fochancas


O proxecto de reurbanización dunha rúa ten en pé de guerra os veciños dun barrio na Coruña

01/04/2024 14:04

Hai un mes protagonizaron unha mobilización que cortou o tráfico nunha das principais arterias da cidade e de novo volveron repetilo


Veciños de Escudeiro medindo unha fochanca á entrada da aldea

Veciños de varias parroquias de Ramirás denuncian o mal estado das estradas

26/03/2024 14:07

Quéixanse de que os accesos a varias aldeas están sementados de fochancas de gran tamaño

Entregaron escritos no concello solicitando que se arranxen canto antes


Despois das denuncias veciñais, o concello pecha un local en Santiago por exceso de ruído

22/03/2024 14:40

Dende o establecemento anuncian que recorrerán o peche e din que teñen "todo en orde"

A Asociación de Veciños de San Lourenzo leva anos denunciando as molestias que ocasiona a actividade da sala


Piden a mellora dunha estrada de Vilar de Astrés, Ourense, con curvas perigosas

22/03/2024 13:25

Trátase dunha vía, dependente da Deputación de Ourense, limitada a 50 km/h, que non conta con beiravías


Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei

O alcalde de Palas non dubida que Altri cumprirá coas máximas garantías medioambientais

22/03/2024 10:30

O alcalde, Pablo Taboada, di que "este é o momento de coñecer en detalle ese proxecto industrial" de fibras téxtiles con eucaliptos

Admite que hai "voces discrepantes e voces favorables" entre os veciños e apela a que Europa é "moi esixente" con este tipo de fábricas


Imaxe dun tramo do camiño entre a AP-53 e a N-525 en Lamela, Silleda, este xoves

Un camiño veciñal leva máis de 20 anos facendo de enlace da autoestrada e a N-525 en Silleda

21/03/2024 13:58

A alcaldesa de Silleda insta o Goberno central a que resolva sobre unha vía problemática para veciños e condutores


Imaxe deste mércores pola mañá dunha parte das galerías Oliva de Pontevedra

Queixas nas galerías Oliva de Pontevedra por inseguridade e sucidade

20/03/2024 14:04

Algunhas actitudes incívicas xeran malestar en comerciantes e veciños


Protesta veciñal polo abandono da rúa Redomeira en Vigo

18/03/2024 14:24

Unha brigada da federación de asociacións de veciños verificou as queixas presentadas polo mal estado do pavimento, a maleza, e a inseguridade na zona 



Fartos e desbordados pola gran cantidade de residuos voluminosos que se amorean nas rúas do barrio coruñés da Sagrada Familia

14/03/2024 14:31

Están dispostos a trasladalos á rolda de Outeiro para obrigar así á súa recollida


Veciños de Nigrán quedan sen un camiño que usaban desde hai medio século

14/03/2024 14:31

Veciños de Camesella en Nigrán protestan, pero teñen sentenzas en contra


Descontento entre a veciñanza de Vigo polas cortas de árbores anunciadas polo Concello

12/03/2024 14:05

Rapaces encheron de carteis reivindicativos a rúa Falperra


Sen fibra óptica a cinco quilómetros do centro de Lugo

12/03/2024 13:48

Veciños da parroquia de Carballido precisan este servizo nos seus quefaceres diarios


Veciños de Estás, en Tomiño, maniféstanse contra os ocupantes ilegais dunhas vivendas

11/03/2024 14:07

Pouco despois da protesta unha das casas sufriu un incendio cuxa orixe están a investigar


A rúa de Castela e León é das más prexudicadas pola deficiencia na iluminación pública no parque da Sionlla, en Santiago

Piden melloras no alumado do polígono compostelán da Sionlla

07/03/2024 14:00

Empresarios e traballadores apuntan diferenzas entre a administración local e a autonómica como causa da situación


Veciños de Perbes, en Miño, preocupados pola seguridade dunha ponte

07/03/2024 13:49

Hai uns días un camión bateu nela e varias pedras caeron á vía do tren

Permanece cortada ao tráfico, pero os veciños cren que a ponte segue cedendo e apareceron máis fendas

Publicidade
Publicidade